Hospital da Mariña: Resonancia fixa

“Que o Sergas inicie o proceso de contratación da obra que permitirá dotar ao Hospital da Mariña dunha resonancia magnética fixa, é unha moi boa nova que vai na liña do compromiso adquirido pola Xunta de mellorar o hospital da nosa comarca.

Ademais trae aparellada 3 vantaxes:

Primeiro.- O Goberno galego inviste 2M€ en achegar (en facer máis próxima) a mellor e máis moderna tecnoloxía sanitaria para o coidado da saúde dos veciños da Mariña. Ademais da resonancia fixa renovarase tamén o TAC.

Segundo.- A ampliación do hospital fixo posible novos espazos para incorporar esta tecnoloxía e tamén permitirá o reforzo do persoal necesario para usar e manter estes novos equipos.

Terceiro.- Que a resonancia magnética sexa fixa permitirá reducir os tempos de espera, xa que non será preciso agardar para facer estas probas á chegada, cada quince días, do camión coa unidade móbil. Probas que, por certo, cada vez son máis habituais para o diagnóstico de enfermidades.

Os populares rexistramos unha pregunta no Parlamento galegos para coñecer máis detalles desta gran noticia para a sanidade pública da Mariña.”