Parlamento galego

José Manuel Balseiro criticou que o BNG insista en que Galicia asuma o déficit que suporía a creación dun ente ferroviario galego

  • Galicia aínda non recuperou o 22 por cento das súas principais conexións ferroviarias, unha cifra que se eleva ata o 28 por cento nos servizos rexionais que atenden pequenas conexións intermedias
  • “Hai que apostar pola alta velocidade pero sen desatender os servizos ferroviarios convencionais, que teñen unha importancia capital para garantir a mobilidade dos cidadáns e para revitalizar e vertebrar o interior de Galicia”, sinalou

25 de outubro de 2023. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o Goberno central recupere os servizos ferroviarios suspendidos como consecuencia da pandemia da Covid-19 e estude o axuste dos horarios ás necesidades dos usuarios, aumentando as frecuencias ferroviarias.

Balseiro criticou que o BNG insistira na “súa vella teima de crear un ente ferroviario galego, unha proposta que carece de fundamento e deixa patente que aos nacionalistas non lles preocupan as consecuencias para Galicia de asumir un servizo público deficitario”.

DETRAER RECURSOS PARA O ENTE FERROVIARIO GALEGO

“Os galegos non temos por que pagar cos nosos cartos o que lle corresponde asumir a todos os españois, porque crear un ente ferroviario galego suporía para Galicia detraer recursos de áreas como a sanidade, a educación ou os servizos sociais para asumir o importante gasto que suporía o servizo de tren de cercanías”, apuntou.

José Manuel Balseiro manifestou que a chegada do AVE a Galicia “foi unha boa nova, pero todas as forzas políticas deberíamos seguir traballando e reivindicando porque, neste momento, aínda non chegou a todas as cidades galegas”. En concreto, considerou necesario que cheguen, como mínimo, 7 trens Avril e que se recuperen as variantes dos Peares e Rubián, ou de Betanzos no caso da liña de A Coruña.

GARANTIR A MOBILIDADE DOS CIDADÁNS

“Hai que apostar pola alta velocidade pero sen desatender os servizos ferroviarios convencionais, que teñen unha importancia capital para garantir a mobilidade dos cidadáns e para revitalizar e vertebrar o interior de Galicia”, sinalou. En concreto, considerou “imprescindible modernizar as instalacións e os trens, ampliar a oferta de prazas, contar co persoal cualificado necesario e impulsar a intermodalidade para ofrecer un mellor servizo aos cidadáns”.

O portavoz popular lamentou que “todas estas medidas caen en saco roto, a pesar de que a Xunta presentou informes que poñen luz e taquígrafos a ese desmantelamento”. Así, apuntou que Galicia aínda non recuperou o 22 por cento das súas principais conexións ferroviarias, unha cifra que se eleva ata o 28 por cento nos servizos rexionais que atenden pequenas conexións intermedias.